PDF Print E-mail

NÚMERO 4. Decembro 2009

 

 

 

 

EDITORIAL: Fronteira (s)

_____________________________________________

CONTIDOS


DOCUMENTOS

 

(A) fronteira(s) postmoderna(s). Sören Hauser

Para tratar pormenorizadamente o tema da(s) fronteira(s) desde unha posición que afirme que o propio concepto desta(s) vaise disolvendo aos poucos na época contemporánea, cremos axeitado un enfoque que parta dunha separación, é dicir, unha fronteira, que refira á época histórica chamada postmodernidade definíndoa sempre en referencia ao que se considera algo xa pasado, tanto no sentido de “época pasada con visos de retornar” como no de “época definitivamente abandonada”. Cremos importante esta delimitación pois só desde a marca dun paso dun lugar a outro podemos deixar facer o trazo da fronteira, velo e vivilo. Precisamente a relación tan especial que existe entre a modernidade e a postmodernidade, onde ambas as dúas se copian, asisten, reiteran e recuperan pódenos dar algunha pista sobre a ambigüidade de toda separación ou unificación baixo un mesmo criterio.

 

Nunca souben contar unha historia. Drocha Hauser

Esta é a historia dunha fronteira que non ten principio [ou ben comeza demasiado lonxe na obediencia homicida de Abraham que, por gardar o segredo e abrir así a porta á literatura, entrega ao seu fillo Isaac á morte e obriga a través da súa fe submisa a rectificar ao mesmísimo Deus, converténdoo así en culpable]. Esta é a historia dunha fronteira que se garda de e na memoria pero que carece, paradoxo insalvable, de memoria [pois a deusa Mnemósine goza dun saudable porvir só en canto borra o seu nome]. Esta é a historia abisal dunha fronteira sen fronteira, dun "nin nin", daquilo que pisando as pegadas da literatura e da filosofía (non) é nin literatura nin filosofía. ¿Pódese contar esta historia? Aquí a conta o que confesa, liberando así o segredo, "nunca souben contar unha historia".


A lóxica da fronteira flexible e ubícua: sobre o control biopolítico dxs migrantes. José Ángel Brandariz García

A reflexión que se pretende presentar neste texto parte dunha metáfora, mellor dito, do cuestionamento dunha metáfora que, a pesar de ter acadado grande éxito, merece unha certa reconsideración. Tráta-se da expresión Europa Fortaleza, empregadade xeito cotián en todo xénero de análises críticas do actual réxime de biopoderinstituído no marco da UE fronte axs migrantes. Esa expresión, alén da sua poderosa carga simbólica, é inaxeitada para representar a realidade do complexo modelo de xestión de fronteiras hoxe vixente.

 

Carta a unha amiga galega. Josemari Ripalda

En que condicións e por canto tempo pode ser un nome político de lugar o refuxio para a xustiza que falta, que sempre falta? Estamos sen nomes propios para unha carencia aberta ou eses nomes –ti sabes que teño un, pero con moita indecisión–até o de agora foron incapaces de marcar unha dirección á dispersión que os poboa. Disgregación do bucle reflexivo, inaccesibilidade da lingua. Pero ademais, a que pasado recorrer cando se nos privou del e só existe unha e outra vez como espectro? Que futuro anterior será o de quen só dispón de vitorias ficticias e derrotas reais?

 

Arquivos e territorios: o lugar da fronteira. Ensaio breve en dous movementos. Paz Sastre Domínguez

Froito da investigación conducente á tese doutoral, este breve ensaio explora as cuestións fronteirizas dende a reconfiguración histórica e tecnolóxica dos territorios e os arquivos. Aos procesos de globalización como metamorfose viva dos cambios acaecidos tras a extinción do muro económico de Berlín, corresponde un renovado posicionamento do cultural como enclave da política contemporánea transnacional. Por outra banda, coas tecnoloxías dixitais iníciase un proceso de industrialización sen precedentes dos fenómenos socioecolóxicos e socioculturais, grazas ao carácter transversal destes medios capaces de abranguer toda a cadea de produción, distribución e recepción de dispositivos, bens, persoas e mensaxes. De aí que o ensaio defenda a existencia dunha única fronteira: aquela que conecta ao espazo físico co espazo dixital.

 

ENTREVISTA

En torno ás fronteiras: tres voces – Beatriz Hauser e Jana Días Juhl

 

RECENSIÓNS

Cosmopolitanism and the Geographies of Freedom, de David Harvey – Beatriz Hauser

Conjunciones. Derrida y compañía, del Grupo Decontra – Drocha Hauser

 

CONTEXTOS

A lingua – Pablo Ibáñez De Lille

Bordes. A vulnerabilidade do libro – Beatriz Hauser

 

DERIVAS

Labour day site – Beatriz Hauser

Finis rerum. In limine temporis – Marcello Barison

 

ILUSTRACIÓNS

Sao Hauser

 

http://santatorpeza.wordpress.com/

http://copygrafias.wordpress.com/



 

Monografías

Materiais e ferramentas Procomún.
Banner

Derritaxes 8: 15M

Derritaxes8

Destacamos

@proxectoderriba



Creative Commons License