Derritaxes 7: Universidade: Ortodoxia e Expansión PDF Print E-mail

 

Bolonia, 19 de xuño de 1999. Declaración de Bolonia. Declaración conxunta dos señores ministros europeos de educación. Construír unha universidade europea. A Europa do coñecemento, crecemento social e humano, a cidadanía europea, promocionar a mobilidade, obtención de emprego, independencia e autonomía das Universidades, responder ás demandas da sociedade, que o sistema de educación superior europeo volva ser atractivo...

Independentemente destas de seguro excelsas e boas vontades, Bolonia agachaba a submisión total da universidade a determinado modelo de produción científica que iguala coñecemento a capital.

Se a construción da realidade é un proceso social que se demostra a cada intre máis dificilmente unificable e reducible a un só eixo director, resulta paradoxal seguir mantendo que aquela institución cargada da responsabilidade de ser a que debe ofrecer o coñecemento de maior nivel e calidade, siga operando dende a máis pura xerarquía vertical. Semella que o universitario busca ante todo autoreproducirse, ben sexa porque iso llo impón o sistema para permitirlle seguir nel nunha posición social e economicamente privilexiada, ben sexa porque á universidade lle resulta máis cómodo dar voltas sobre si mesma que ter que atender ás demandas reais da sociedade.

Xunto coa crítica da mercantilización contemporánea do saber na universidade, trátase de indagar que tipo de modo de transmisión de coñecemento opera aquí e en que medida son posibles alternativas. Deben ser elas buscadas fóra da actual institución universitaria? Deixa esta aínda ocos e espazos nos que construír outro tipo de relación co coñecemento non xerárquica, non maxistral, non monolóxica, e si democrática, si participativa, si colectiva?

Aínda flotando na resaca das múltiples protestas contra Bolonia e comezando a saborear xa intensamente as raquitizacións de planos de estudos baleirados de contido teórico, o incremento dos custos das matrículas, a introdución radical da rendibilidade económica como factor determinante... entre outros males, Derritaxes 7, quere invitarnos a pensar sobre a universidade.

 


Sen renunciar á libre creatividade e ó espírito crítico que nos anima e co fin de facilitar o traballo da edición da revista, consideramos precisa a observación das seguintes indicacións:

1. Derritaxes publica en galego, motivo polo cal anima a que as colaboracións sexan preferentemente nesa lingua. En todo caso, poden redactarse en lingua portuguesa, castelá, francesa, italiana ou alemana, mais publicaranse suxeitas á dispoñibilidade que o equipo de tradución de Proxecto Derriba manteña e, polo tanto, non se asegura a súa publicación.

2. Os textos serán artigos de investigación ou recensións de libros con relevancia no pensamento contemporáneo e aparecerán adscritos a unha das seccións nas que se divide Derritaxes (Documentos, Recensións, Entrevistas, Con-textos, Derivas). Tomarán como referencia os seguintes parámetros por páxina:

- Tipo de Letra: Times New Roman: 12 pt

- Marxes: superior, 2,5 cm; inferior, 1,25 cm; esquerda, 3 cm; dereita, 3 cm

- Aliñamento: xustificado; Espazamento entre liñas: 1.5 liñas.

3. Os artigos encabezaranse, necesariamente, cun breve Resumo Abstract.

4. Recomendamos homologar as referencias bibliográficas de acordo ó sistema americano Harvard-APA. Cando se trate dunha cita no corpo do texto, poñerase ao remate da cita entre parénteses o apelido do autor, o ano de publicación e o número de páxina, podendo obviarse a páxina no caso de que a cita non sexa directa. Por exemplo: “...” (Vidarte, 2007: 20), ou: ... (Vidarte, 2007). Como consecuencia as referencias completas das obras citadas compendiaranse nunha bibliografía ó final do artigo, seguindo os seguintes parámetros:

 

- Libros:

a) VIDARTE, P. (2007): Ética marica. Proclamas libertarias para una militancia LGTBQ. Madrid/Barcelona, Egales.

b) DERRIDA, J. (2005a): Apprendre à vivre enfin. Entretien avec Jean Birnbaum. Paris, Galilée.

c) DERRIDA, J. (2005b): Canallas. Dos ensayos sobre la razón [trad. cast. de Cristina de Peretti]. Madrid, Trotta.

d) BASCETTA, M., BONSIGNORI, S., PETRUCCIANI, S. e CARLINI, F. (eds.) (2001): 1968. Una revolución mundial (CD-ROM/libro) [trad. cast. de Luis Peña Molero, Carlos Prieto del Campo, Ricardo Russo e Francisca Sánchez Peiró]. Madrid, Akal.

- Artigos:

a) JAMESON, F. (2002): “Imaginarios de la globalización: cosas que nunca te dije”, en Archipiélago, 52, Madrid, pp. 27-34.

b) DELEUZE, G. e GUATTARI, F. (1988): “Aparato de captura”, en Mil mesetas [trad. cast. de José Vázquez Pérez e Umbelina Larraceleta]. Valencia, Pretextos.

c) VIRNO, P. (2006): “El trabajo no nos hace libres”, en BALESTRINI, N. e MORONI, P.: La horda de oro (1968-1977) [trad. cast. de M. Bogazzi, H. Arbide, P. Iglesias, J. Bonet i Martí, D. Gámez, J. Gual, R. Sánchez Cedillo e A. Méndez]. Madrid, Traficantes de sueños.

d) HAUSER, O. (2007, Decembro): “Libra. Unha cronoloxía do azar”, en Derritaxes, 0. Tirado o 31 de xullo de 2009 de <http://derritaxes.proxectoderriba.org>

 

5. A identidade d@ autor/a será aquela coa que desexe publicar o seu orixinal, facendo constar o seu correo electrónico. A firma que identifique ó autor faino único responsábel da titularidade do texto. Derritaxes ten por norma someter a avaliación, ao longo do mes previo á publicación, os traballos que edita coa finalidade de asegurar que cumpren as condicións aquí descritas.

 

6. O material citado debe enviarse en formato .odt (open office) ou .doc (word) por e-mail a derritaxes(at)proxectoderriba.org antes do 15 de abril de 2011.

 

CREATIVE COMMONS.- Derritaxes considera imprescindíbel a achega de materiais que poidan orientar unha intervención no espazo social e político contemporáneo. Por iso considera que a libre disposición destes materiais para o común da sociedade debe primar por enriba dunha concepción individualista do traballo intelectual. Por este motivo edita exclusivamente mediante unha licenza Creative Commons que permite a libre distribución e reelaboración baixo as seguintes condicións:

Recoñecemento-Non comercial-Compartir Igual 2.5 España.


 

 

 

 

 

Últimos Comentarios

Monografías

Materiais e ferramentas Procomún.
Banner

Escrita(s)

Destacamos

@proxectoderriba



Creative Commons License