|
AMOR A CACHÓN Drocha Hauser E canta máis forza facÃa máis me resistÃa, máis me doÃa, pero non abandonarÃa simplemente por iso. Levaba tanto tempo soportando o seu peso abusivo, os seus golpes, os seus simétricos e constantes golpes, dolorosos como ningún porque a mocada máis vehemente é a que cicatriza máis alá da faciana. E a intensidade é tal que un minuto pode parecer un ano, e por suposto a lembranza dese instante desaforado superará con creces o tempo da súa aparencia. Cotenos como pétalos de rosas amarelas que afunden as miñas costelas até o berro virulento e o vento entrecortado da túa respiración agresiva arrefrÃa, e tamén alivia, unha bágoa que foxe meixela abaixo. E aÃnda que non sempre derramas o meu sangue despois de cuscubiñar o fin da moratoria non deixo de tremer e de pensar en que o vas facer cada vez, probablemente sen querer, pois sempre te avergoñas a posteriori da túa propia violencia. Agresividade secreta, a porta pechada. Xa estaba a chorar cando me chuspiches na cara; non tes menciña nin emenda, e por iso, ás veces, pecho os ollos e abrázote, meu amor, esquecéndome que aÃnda estamos nus.
|
Baixo este tÃtulo, pódese atopar nu...
magnÃfico
Bueno, bueno.... dándome só en part...
Deste artigo en DERRITAXES gustoume, ...
LO que es fascismo es que una panda d...