Manifestación PDF Print E-mail

Drocha Hauser

Había unha morea de xente. Resultaba imposible calcular a cantidade estando no medio da masa. Todas as rúas anexas á Puerta del Sol estaban anegadas pola multitude. Moitos de nós chimpabamos ao ritmo do cántico "ANTI-ANTI-ANTICAPITALISTA!

- Se te ha caído — dixo mentres recollía do chan a miña palestina.

- Gracias — respondín torpemente.

-¿Sabes? Es la primera vez que vengo.

- Yo también.

Nese instante, todos os que estaban ao noso arredor se colleron das mans e, alzándoas no ar, berraron: "ESTAS SON NUESTRAS ARMAS!”. Ela agarrou a miña man esquerda sen pensalo e ambos os dous coreamos ao unísono aquela agresiva melodía da paz. Baixamos os brazos. Esquivamos as nosas miradas.

- Me llamo Adela — insistiu.

- Joaquín.

Púxose na punta dos pés e plantoume dous bicos. Eu respondín con dous bicos sonoros deses que nin sequera rozan a meixela.

- ¿Estás solo?

- ...

- Me refiero a si has venido solo a la mani o si estás con amigos dixo sorrindo.

- Estoy solo — mentín.

Continuou ao meu lado o resto da manifestación. Ao longo de máis de dúas horas faloume dos seus estudos. Do seu traballo. Da súa familia. Do piso pequerrecho mais apañado no que vivía.

- ¿Vendrás mañana a la asamblea? Es a las ocho. Después, si te apetece, podríamos tomar una caña…

- Me encantaría respondín sinceramente.

Deume dous bicos máis. Desta volta foi ela quen botou ao vento unha lenta sonoridade. Fiquei un bo anaco vendo como o seu corpo se esvaecía entre a xente que regresaba ás súas casas dirección Jacinto Benavente. Non puiden confesar que para o día seguinte o meu xefe, o coronel Martínez, seleccionárame para outro traballo na xefatura.

Comments
Add New Search RSS
chus daranur 29-11-2011

magnífico
Write comment
Name:
Email:
 
Title:
Please input the anti-spam code that you can read in the image.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 

Últimos Comentarios

Monografías

Materiais e ferramentas Procomún.
Banner

Escrita(s)

Destacamos

@proxectoderriba



Creative Commons License