|
Â
Carlos Rafael Ramos
Â
Confesión de Deus
Amaso luces e mundos, invento órbitas, rotacións, noites e dÃas; dou nomes a anxos e demos, inauguro o tempo; dispoño o vento na rama, a canción do mar e a terra, a primeira ameba, feita xa á miña imaxe; fundo, por último, aves e humanos. Todo por unha soa razón: o silencio absoluto do vacÃo inspÃrame terror.
Â
Noite de medo ou amor
Será unha torneira mal fechada. Será un insecto procurando a súa miga. Será a madeira, que treme co frÃo. Será o vento enganando portas. Serás ti?
Â
Â
No umbral
Abriu a porta tentando apagar aquel presentimento, unha asa de corvo no seu peito.
Â
O gardián entre o bambú (Matsuo Basho)
Entre o bambú espreito, brinco, devoro. Gardo o camiño desde hai tanto tempo que xa esquecÃn para quen. Como a miña misión, son eterno. En van. Este camiño só o percorre o crepúsculo.
Â
Sombra ou rei
Na cidade prohibida, reino. Mil guerreiros deféndenme do veleno e da adulación. Ninguén pode tocarme, a voz do mundo desángrase nas súas espadas. Nin sombra teño, mandeina matar para que non denunciase a miña estatura.
Â
Fundación do crime
CaÃn foi para o deserto, unha cunca de arroz nas mans e na fronte a marca que o condenaba e protexÃa. Deus, diante do cadáver de Abel, fixo saÃr ao taquÃgrafo e, cun sorriso triste, reflectiu para si: en verdade, é feito o home á miña imaxe e semellanza.
Â
Onironapia
O meu nariz tivo un pesadelo. Soñando co paraÃso dos aromas, rodeado de narices felices, era o único que estaba arrefriado.
Â
A morte e o método
Pensou a morte: Se a morte é non ser, eu non existo. E desapareceu nun lóstrego amarelo. Entón a vida, que pasaba por alÃ, tomou o seu lugar. E era case, case, o mesmo.
Â
Un post-it de Rusticello de Pisa
Os fantasmas do deserto rodean ao perdido. Buscan un alma que humedeza un momento as súas, áridas sombras nunha terra carecente delas. Pero non poden achegarse, e finalmente esvaecen, soños envellecidos, no camiño aberto nos ollos do viaxeiro. Marco Polo sae do deserto.
Â
Ciumes
Deus amaba a Eva. Perdoou o da serpe, o da mazá, que tivera cuberto a súa beleza con musgo e follas verdes... Porén, non lle puido perdoar que escollese a Adán como compañeiro. O pecado de Deus foi, tamén, orixinal.
Â
Monosabio
Un mono finxÃa ser humano. Impostor coherente, foi poeta épico e polÃtico de alcoba. Aclamado, aceitado e envexado consecutivamente, tivo un tráxico fin. Foi descuberto e inmediatamente fusilado debido ao seu desmedido amor pola intelixencia.
Â
MisantropoloxÃa
Cansado do mundo, quixo esquecelo. Cortou telefones, queimou axendas, tachou mapas. Fechou as contas do banco e despediuse de familiares, amigos e inimigos. Comprou casa no monte mais alto, por riba das nubes. cando se viu só, tan só, comezou pedir socorro.
Â
Gárgola
Odio esta faciana de réptil, os meus músculos petrificados, miña boca en pasmo perpetuo, o sabor do mofo na chuvia que expiro. Por odio hei de caer un dia, accidental, sobre o bispo cando saia da súa catedral. Serei primeira pedra do seu panteón.
Â
Telegrama
Amor non pares. Stop. Corre sen ollar atrás. Stop. Todo saÃu mal. Stop. Veciños desconfiados. Stop. Nenos curiosos. Stop. Intenso cheiro a podre pola reixa da cave. Stop. PolicÃa atopou cadáver meu. Stop. Quérote. Stop.
Â
Soños do mármore
Eu querÃa ser Laocoonte, auriga, cariátide, David. QuerÃa dar ser na miña forma á beleza humana. Soñaba con deixar de ser pedra, ter nome e alma, fundar nos meus acenos espellos e aplausos... Hoxe son apenas sombra dunha ausencia: son lápida nunha tumba.
Â
Memorias de Don Segundo Curto
A vertixe da miña vida esixe velocidade na escrita. NacÃn de pé, crecÃn co sol. Meu amor durou o que eu: un lóstrego. ArdÃn nun xesto eléctrico e definitivo. Morto, non me chega a nada esta escasa eternidade.
Â
|
Baixo este tÃtulo, pódese atopar nu...
magnÃfico
Bueno, bueno.... dándome só en part...
Deste artigo en DERRITAXES gustoume, ...
LO que es fascismo es que una panda d...