|
Drocha Hauser
No marco da colección "La Philosophie en Effet", dirixida inicialmente por Jacques Derrida, Sarah Kofman, Philippe Lacoue-Labarthe e Jean-Luc Nancy —aÃnda que só Nancy está vivo na actualidade—, a editorial Galilée publica en ParÃs o segundo volume do Séminaire La bête et le souverain que Jacques Derrida impartiu en ParÃs no curso 2002-2003.
Jacques Derrida dedicou a súa vida non só á produción dunha das obras filosóficas máis potentes e orixinais da segunda metade do século XX e principios do XXI senón tamén ao ensino: profesor na Sorbona, na École Normale Supérieure, profesor invitado en numerosas universidades de todo o mundo, e dende o ano 1991 e ata a súa morte en 2004, profesor tamén na EHESS (École de Haute Études en Sciences Sociales) de ParÃs onde impartiu un seminario titulado "Cuestións de Responsabilidade" no marco do cal reflexionou, ao longo de 13 anos, sobre o segredo, o testemuño, a hospitalidade e a hostilidade, o prexuÃzo e o perdón, a pena de morte, e finalmente, acerca da besta e o soberano. O volume que agora se presenta, conservando o estilo oral e a palabra "viva" de Derrida —aÃnda que revisado, retocado e comentado polos editores (Michel Lisse, Marie-Louise Mallet e Ginette Michaud)—, finaliza, sen pechar, ese longo seminario acerca da responsabilidade.
Asà como no primeiro volume do seminario Derrida fai un longo percorrido pola animalidade rompendo certo prexuÃzo entre a fronteira home-animal e poñendo de relevo os fundamentos ontoteolóxico-polÃticos da soberanÃa, aquÃ, no segundo volume, a súa estratexia é completamente outra. Aproxima dúas lecturas, en principio, completamente illadas: por un lado Robinsón Crusoe de Daniel Defoe e, por outro lado, Os conceptos fundamentais da metafÃsica. Mundo, finitude, soidade, de Martin Heidegger. Do a-illa-mento de Robinsón e o ascenso a soberano da súa propia soidade ata o seminario que Heidegger imparte entre os anos 1929-1930. Da literatura á metafÃsica, do século XVIII ao XX, do mundo anglosaxón á Alemaña continental. Derrida mostra como o concepto "walten" será fundamental na reflexión heideggeriana posterior ao seminario dos anos 30, asà como abre unha vÃa de reflexión que despraza a soberanÃa máis alá do polÃtico, do ontolóxico e do teolóxico, unha reflexión acerca de certa violencia archi-orixinaria que constitúe a hiper-soberanÃa do walten á vez que a enfronta coa morte mesma.
Está xa en preparación o próximo seminario que xirará en torno á pena de morte e que, posiblemente, verá a luz no 2011.
Â
* DERRIDA, J.: Séminaire La bête et le souverain. Volume II (2002-2003). ParÃs, Galilée, 2010.
Â
Â
|
Baixo este tÃtulo, pódese atopar nu...
magnÃfico
Bueno, bueno.... dándome só en part...
Deste artigo en DERRITAXES gustoume, ...
LO que es fascismo es que una panda d...