|
Sao Hauser – Vou resolver por min mesma todo este asunto de Babel-17. T'mwarba inclinou a cabeza cara á dereita. – Porque teño que descubrir quen fala esta lingua, de onde vén e que é o que está a tratar de dicir. A cabeza del torceuse cara á esquerda. – Por que ? –continuou ela–. Ben, a maiorÃa dos textos din que a linguaxe é un mecanismo para expresar as ideas, Mocky. Pero a linguaxe é idea. A idea é unha información á que se lle dá forma. A forma é a linguaxe. A forma desta linguaxe é...sorprendente. – Que é o que te sorprende? – Mocky, cando aprendes outra lingua aprendes o modo no que outra xente ve o mundo, o universo. Samuel R. Delany, Babel-17 Culpábel, confeso o meu intrusismo e até falla de exactitude nas miñas reflexións. O meu é máis ben deixarme levar por intuicións e rescatar ideas ou conceptos que as delimiten ou se fagan en maior ou menor medida comprensÃbeis. Pero tamén é verdade que xa que intentamos dialogar sobre a alteridade, o meu rol de fóra de contexto vén que nin pintado, no meu caso nin que debuxado ou trazado. Ademais de que este texto orixinalmente foi en castelán, e será traducido ao galego –o cal engade aÃnda máis capas á lea conceptual–, non teño un vocabulario moi amplo e a miña falla de atención e regularidade fan que unha vez máis escriba á deriva. Sorte. Saúde. Non sei como cheguei á primeira lectura de Babel-17, supoño que por azar, e a aquela edición faltábanlle follas escritas, substituÃdas por suxestivos espazos brancos que me viñeron ideais para debuxar neles durante un verán cheo de traslados (e nun avión perdino). Asà que xa empecei interesándome por unha historia que lin a medias pero que aÃnda asà me fascinou. E creo que iso mesmo me fixo comprender que a ciencia ficción debÃa agochar algo oculto e interesante... polo menos eu descoñecÃa o terreo. Xénero esquivo en España, onde custoume un mundo atopar polo menos libros de Samuel R. Delany, con edicións a prezos moi altos en librarÃas de segunda man, e unha –inexplicable para min– aÃnda non publicación en castelán de ningún libro de Delany posterior a 1976 (Tritón está escrito ese ano) exceptuando En Ciron vuelan, de 1993, que aquà saÃu nunha pequena edición de peto. Soamente con teclear o seu nome na wikipedia poderedes comprobar que por un lado está vivo e por outro, que non parou de escribir dende os anos 60, tanto dentro do que se denominou "nova onda" dentro da ciencia ficción, como escritos de non ficción sobre escritura ou autobiográficos. Hai pouco, cando aÃnda estaba na miña cabeza pensando que carallo contar sobre o bo de Delany, estiven lendo La breve y maravillosa vida de Óscar Wao do escritor Junot DÃaz, que trata de modo tanxencial a vida dun escritor negro de ciencia ficción, máis concretamente de ascendencia dominicana. O curioso foi atoparme nun blog a foto dunha lectura conxunta este ano en Nova York de DÃaz e Delany. Quizais as circunstancias quixesen que Samuel R. Delany fose polo menos dos primeiros ou case dos únicos escritores negros e abertamente homosexuais de ciencia ficción, o cal case non deixa de ser un mero conto e etiqueta intranscendente. Se as súas circunstancias persoais influÃron en maior ou menor media no seu traballo, quizais debamos deixalo para outro momento ou intentar aclaralo lendo as entrevistas que lle fixesen, que poderedes atopar na rede de redes, e por suposto en inglés (un dÃa montei un blog para traducir o que puidera ao respecto, pero esquecÃn as claves para acceder e morreu. Polo menos xa teño unha entrevista traducida e podo empezar de novo). Xa sexa dunha forma ou outra, os mundos, personaxes ou situacións propostas por el non deixan de chamarnos gratamente a atención pola súa variedade e esa empatÃa ao contar o "habitual" dun modo tan "diferente". É certo que fantasÃa, fantaciencia ou ciencia ficción caracterizáronse ao presentar escenarios fabulosos, galaxias afastadas e viaxes exóticos onde podiamos atopar animais mitolóxicos ou máquinas calculadoras a carón de monstros verdes, exploradores ou robots... pero en Delany preséntansenos como unha paisaxe cotiá, onde os desexos e a psique están por enriba da superficie das formas. Mais como non debo divagar e non me atopo suficientemente seguro no mundo dos conceptos, espero polo menos ter chamado a atención sobre a figura de Samuel R. Delany, e sobre todo agardar que se lea e se goce, que ao final é o que interesa, e que o miolo das lecturas vaian sendo asimiladas a dentadas irregulares. E aquà poderÃa rematar o relato, pero como o meu non é moi normal, respecten a miña "otredade" de alienÃxena intruso que non coñece as regras básicas de comportamento, e respecten que pegase unha patada ao concepto de alteridade con este uso gratuÃto. Nun libro que está a punto de saÃr traducido, segundo contan, Jameson propón unha volta á lectura de ciencia ficción ao recuperar certos aspectos como os de utopÃa e espazos alternativos para levalos a un plano máis real e polÃtico, comezando a pensar nun "futuro" no medio deste fin da historia tan postcapitalista ou imperialista ou como carallo queiran chamar ao hoxe por hoxe do século XXI. Quizais a formulación quede un pouco curta e se refira dende unha posición demasiado distante, non de consumidor ou lector habitual, do propio feito da novela de ciencia ficción. Orixinalmente como puro entretemento, a medio camiño entre a pedagoxÃa, as ciencias e a literatura de usar e tirar, a ciencia ficción converteuse nunha non forma ou cousa difÃcil de encadrar, fortemente custodiada polos seus lectores, fans e consumidores que a manteñen en vida como industria, que foron variando de idade segundo as épocas. Ao igual que a banda deseñada, que neste intre semella que está a sufrir unha segunda ou terceira xuventude de prestixio masivo unha vez que a vara máxica da palabra "cultura" pousou sobre autores tan esquivos como Alan Moore ou Robert Crumb, as novelas de ciencia ficción non souberon moi ben a que altura do estante debÃan poñerse, se ao alcance dos nenos ou non. Quizais esa falla de atención por parte da "crÃtica" e os medios de información masivos posibilitasen a creación de obras ao abeiro dunhas editoriais que non tiveron moitos escrúpulos á hora de usar a palabra "vendas" para valorar aos seus escritores. Porque non debes esquecer que non se fan historias por amor á "arte" ou á "escritura", senón segundo se vendan ou non a eses fans ou consumidores fieis, polo menos nas súas orixes, como no seu momento poderÃan sobrevivir a novela policial ou a erótica pornográfica. Vaia, que foi caldo de cultivo de bichos raros que saltándose normas de bo "gusto" ou de modas, mesturan xéneros, épocas, inclúen ideas pop ou filosóficas, ovnis con antropoloxÃa, etc., etc., etc. Total, que xusto agora que a tendencia discursiva é intentar ver a realidade dende moitos e diferentes puntos de vista, estudos culturais e demais, a ciencia ficción demóstrase como un discurso máis que pertinente e rico en substancia nutritiva. No seu dispar de voces, as súas incoherencias, a súa falla de rigor, a súa fantasÃa desbordada, a atemporalidade das súas obras, os recursos estéticos, atoparemos o atractivo dunha lectura activa chea de estrañamentos. Novidades dende as estrelas, agardemos que non as toquen os publicistas. En contra da conspiranoia que nos fai descrer neste mundo e case illarnos del enfastiados ou enfermos, a ciencia ficción pretende un engano de mundos, máis posÃbeis por imposÃbeis, tratándonos entre diferentes como anormais. Asà que este verán de crise, a tombarse e a ler libros de segunda man, canto máis raros mellor, e se a portada non gusta ou cheira a rancio, escoitade con máis atención. E se vos aburre... a outra cousa, que non estamos para perder o tempo. Eu tentarei aclarar toda esta marfallada marciana que lles chuspÃn con respecto e amor, iso si. (Trad. Sören Hauser)
|
Baixo este tÃtulo, pódese atopar nu...
magnÃfico
Bueno, bueno.... dándome só en part...
Deste artigo en DERRITAXES gustoume, ...
LO que es fascismo es que una panda d...