Con-textos
Observatorio Metropolitano: Crisis y revolución en Europa. People of Europe, rise up! PDF Print E-mail
Written by bea Hauser   

Beatriz Hauser

Observatorio Metropolitano: Crisis y revolución en Europa. People of Europe, rise up! Madrid, Traficantes de Sueños, Octubre 2011.

Nuestra verdad es que la buena vida, la vida que merece la pena ser vivida, pasa si no sólo, si en buena medida, por el reparto de la riqueza y la reinvención de la democracia. En este camino sólo nos falta perder el miedo, y conquistar la alegría de un mundo que todavía hoy, bajo la amenaza del inicio de una larga decadencia, es más rico que cualquiera de sus precedentes” (Observatorio Metropolitano. La crisis que viene. Algunas notas para afrontar esta década. Madrid, Traficantes de Sueños, Marzo 2011: 143)

Con este pasaxe remataba o Observatorio Metropolitano o seu anterior libro, La crisis que viene, anunciando non só a reiteración implacábel da suposta “crise”, senón a revolta inda por vir. Dous meses máis tarde o 15M foi a resposta colectiva, dende longo adiada, a esa crise no estado español. O libro de marzo era o terceiro que editaba ese colectivo híbrido xunto con Traficantes de Sueños. Os anteriores -Madrid: ¿la suma de todos? (2007) e Fin de ciclo: financiarización, territorio y sociedad de propietarios en la onda larga del capitalismo hispano (1959-2010) (2010)- eran dous longos, rigorosos e moi detallados estudos que abordaban dende unha perspectiva crítica a evolución socio-económica da comunidade de Madrid e do estado español respectivamente. Partindo de posicións económicas críticas como a economía ecolóxica -a traza de José Manuel Naredo déixase sentir- eses textos son magníficos expoñentes dun novo xeito de produción de saber, vinculado coa práctica e emprazado fóra das institucións, no que a investigación militante combina unha rigorosidade extrema cun estilo que foxe da retórica técnica e tenta resultar claro e accesíbel. Unha esixencia que é xa política.

Read more...
 
Toni Negri e Michael Hardt. Encontro cos movementos sociais PDF Print E-mail
Written by Sören Hauser   

 

 

Conclusións de Toni Negri e Michael Hardt no encontro cos movementos sociais o 7 de outubro de 2011 no Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Madrid.

 

Logo de estar o 6 de outubro dando unha conferencia no Museo Reina Sofía de Madrid diante dunhas 300 persoas, Toni Negri e Michael Hardt achegáronse ao CSA La Tabacalera para coñecer de primeira man a visión que diversos colectivos e movementos sociais teñen sobre o 15M. O encontro tivo lugar o día 7 de outubro pola tarde e durante case tres horas unhas cen persoas ateigaron a sala de traballos manuais do centro para responder, cada un ao seu xeito, a 5 preguntas propostas por Negri-Hardt a modo de debate. A participación foi moi alta por parte de asociacións, colectivos, centros sociais, membros de casas ocupadas e mesmo sindicatos independentes.

O que aquí presentamos son as conclusións finais, practicamente o único momento no que Negri-Hardt tomaron a palabra, pois como eles mesmos dixeron varias veces, viñeran aprender.

 

Read more...
 
Entrevista a dous participantes na asemblea do 15-M Lugo PDF Print E-mail

 

1. Que é o 15-M, que foi para vós, como definiriades se lle tiverades que explicar a alguén que pasou, que pode ser isto do 15-M?

 

B. Podemos dicir que é un movemento social, un movemento de contestación social.

A. É a consecuencia por unha banda do traballo de moitos movementos sociais alternativos, de moitos anos e os froitos que deron, a súa continuación, e, por outra banda, dunha indignación, empregando a palabra que máis se emprega, concreta ante feitos concretos, como por exemplo a reforma do sistema das pensións, a reforma laboral. Iso por unha banda, e por outra, é o traballo dos movementos sociais alternativos que pensan unha alternativa global a un sistema.

B. Eu diría basicamente que é unha nova maneira de facer política, unha maneira alternativa de facer política, facer política de maneira distinta, unha maneira máis de rúa, máis participativa, buscar a participación da xente pero non polos mecanismos tradicionais, senón empregando a rúa para o entendemento e discusión das persoas nos problemas que lle afectan en primeira persoa.

Read more...
 
Manifestación PDF Print E-mail

Drocha Hauser

Había unha morea de xente. Resultaba imposible calcular a cantidade estando no medio da masa. Todas as rúas anexas á Puerta del Sol estaban anegadas pola multitude. Moitos de nós chimpabamos ao ritmo do cántico "ANTI-ANTI-ANTICAPITALISTA!

- Se te ha caído — dixo mentres recollía do chan a miña palestina.

- Gracias — respondín torpemente.

-¿Sabes? Es la primera vez que vengo.

- Yo también.

Nese instante, todos os que estaban ao noso arredor se colleron das mans e, alzándoas no ar, berraron: "ESTAS SON NUESTRAS ARMAS!”. Ela agarrou a miña man esquerda sen pensalo e ambos os dous coreamos ao unísono aquela agresiva melodía da paz. Baixamos os brazos. Esquivamos as nosas miradas.

- Me llamo Adela — insistiu.

- Joaquín.

Púxose na punta dos pés e plantoume dous bicos. Eu respondín con dous bicos sonoros deses que nin sequera rozan a meixela.

- ¿Estás solo?

- ...

- Me refiero a si has venido solo a la mani o si estás con amigos dixo sorrindo.

- Estoy solo — mentín.

Continuou ao meu lado o resto da manifestación. Ao longo de máis de dúas horas faloume dos seus estudos. Do seu traballo. Da súa familia. Do piso pequerrecho mais apañado no que vivía.

- ¿Vendrás mañana a la asamblea? Es a las ocho. Después, si te apetece, podríamos tomar una caña…

- Me encantaría respondín sinceramente.

Deume dous bicos máis. Desta volta foi ela quen botou ao vento unha lenta sonoridade. Fiquei un bo anaco vendo como o seu corpo se esvaecía entre a xente que regresaba ás súas casas dirección Jacinto Benavente. Non puiden confesar que para o día seguinte o meu xefe, o coronel Martínez, seleccionárame para outro traballo na xefatura.

 
La universidad en conflicto: capturas y fugas en el mercado global del saber PDF Print E-mail

La universidad en conflicto: capturas y fugas en el mercado global del saber. Traficantes de sueños, Madrid, 2010.

O pasado outono Traficantes de sueños editaba un libro, compilado por Edu-Factory e a Universidad Nómada, que tenta recorrer, nun momento de hibernación dese conflito no estado español, a complexa cuestión das profundas modificacións que están a ter lugar na universidade. Ese fenómeno non se deixa acoutar á universidade europea, presenta derivas múltiples e facianas diversas que, porén, tenden a unha converxencia global. O libro editado por Traficantes de sueños tenta abordar esa reconversión da institución universitaria nun marco máis amplo que atinxa o carácter mundial deste fenómeno situándoa no centro de interese do chamado capitalismo cognitivo. Os artigos que o compoñen inciden no carácter mundial dese proceso recollendo situacións diversas: a externalización das universidades norteamericanas co fin de captar novos mercados, notoriamente China e Oriente Medio, a reestruturación da universidade pública surafricana tralos recortes presupostarios, a imposición do EES en España ou a precarización do estudantado en Francia. Artigos heteroxéneos dos que se pode, porén, atopar un diferencial: a insistencia no papel central da universidade como espazo de produción, non só de coñecementos senón de subxectividades, axial para a presente fase do capitalismo. Un dos artigos, por exemplo, analiza a función da débeda na conformación das expectativas e dos xeitos de vida posíbeis dos estudantes norteamericanos; outros textos inciden preferentemente nunha perspectiva que non se queda na constatación dese feito, senón que insiste, no centro dese proceso, en posibilidades inusitadas que o traben ou abran liñas de fuga na súa dinámica. Os diferentes textos de individuos e colectivos debuxan, como espazo común para empezar a pensar na universidade como novo lugar de conflito entre apropiacións e desapropiacións, lugares de resistencia non nostálxicos co modelo pasado de universidade e que tratan de investir doutro xeito as potencialidades e os ocos do propio proceso, así a insistencia na autoformación e noutro xeito de produción de saber nos bordes da universidade que parta do carácter de ben común do coñecemento e impida o seu feche pola lóxica da mercadoría. Debe salientarse o esforzo de esbozar, a través da selección de textos, as diferentes derivas e os nodos comúns no marco dun proceso que oscila entre a homoxeneización e un xeito de inclusión diferencial que producirá novas e, se cabe, máis marcadas estratificacións. O libro combina análises de autores individuais con manifestos colectivos que artellan produción discursiva e acción política, quizais a traza máis característica deses novos xeitos de resistencia. Queda, tal vez, por facer unha análise crítica da dificultade de artellamento entre os diferentes actores integrados e dos xeitos de intervención posíbeis nunha institución tan marcadamente xerárquica e estratificada máis polo miúdo. En calquera caso, a publicación do libro é algo moi salientábel pois faltaban aínda hoxe materiais cos que tratar de artellar un fenómeno tan difuso e complexo como é a transformación que está a sufrir a universidade.

 

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 Next > End >>

Page 1 of 6

Monografías

Materiais e ferramentas Procomún.
Banner

Derritaxes 8: 15M

Derritaxes8

Destacamos

@proxectoderriba



Creative Commons License